Gran éxito da representación teatral.

Los Ladrones Somos Gente HonradaCon gran asistencia de público de varios centros académicos da nosa cidade que encheron o noso salón de actos, foi representada esta mañán polo Grupo de Teatro do Seminario Menor a obra de J. Poncela “Los ladrones somos gente honrada”. O grupo de Teatro formado por representantes de toda a nosa comunidade educativa (alumnos, profesores e persoal non docente), foi acollida con gran entusiasmo por un cálido e xeneroso público. Gracias pola vosa asistencia.

Pola mañán e para os alumnos do Centro, tivo lugar unha charla coloquio co título “Do corazón da materia ao interior das estrelas”, organizada polo Centro Nacional de Física de Partículas. En relación con estas actividades científicas, o Departamento de Ciencias do Seminario, coordinará ao longo de toda a semana unha serie de talleres de Ciencia e Lóxica.

Lembrar que todas estas actividades están abertas ao público en xeral.

Inauguración da II Semana Cultural de San Rosendo

Conferencia Carlos García CortésCoa conferencia “Historia do Seminario Conciliar de Santiago. Acontecementos e alumnos ilustres” pronunciada polo profesor D. Carlos García Cortés, arrancou hoxe no noso Seminario, a Semana Cultural. No salón de actos do Colexio xuntáronse ademáis dos actuais, antigos alumnos e profesores desta institución, que logo poideron percorrer as novas exposicións sobre “O deporte e o Seminario” e “Das orixes” (Mobiliiario e utensilios dos primeiros anos).

Neste enlace podedes ver as fotos do acto, así coma tamén de algunhas das exposicións…