A primeira pedra

seminarioviejo copia

EXTRACTO DO GUIÓN DO VÍDEO DA CONSTRUCCIÓN DO SEMINARIO

 

San Rosendo de 2003


quiroga_xovenMotivación do proxecto

Cando en 1866 o cardenal García Cuesta conseguíu que o Seminario se trasladase do edificio de San Clemente ó de San Martín, levouse a cabo nel unha gran obra de ampliación, co tempo e ante o aumento dos seminaristas continuouse o labor de ampliación e mellora por parte do Arcebispo Fr. Zacarías Martínez, pero co tempo este xa non cubría as necesidades dunha cada vez maior comunidade.

Os seminaristas menores instaláronse en san Roque, atendidos polo mesmo equipo de san Martín. Era imprescindible, por conseguinte, un edificio para o Seminario Menor.

Con este fin o Cardeal Quiroga convocou unha Asemblea de Sres. Arciprestes en 1951 para tratar desta cuestión.

Emprazamento

vistasantiagoantiguo copiaO Seminario Menor debía de estar moi próximo ós sagrados restos do Apóstolo, e por outra banda situado nun lugar despexado, amplo, soleado e cheo de luz. Despois de sopesar tódalas circunstancias apareceu como emprazamento ideal o altozano de Belvís, onde ó carón do Convento das Nais Dominicas, había unhas hortas e uns descampados ideais para tal fin. Ó norte, o Santuario da Virxe do Portal, ó Sur, a Colexiata de Santa María a Real de Sar; ó oeste unha magnífica vista da cidade, e ó naciente, ó val polo que discorre o río Sar.

O proxecto

Encoméndanse os planos do futuro edificio ó arquitecto D. José Mª. De la Vega Samper, quen xa dirixíra a construcción doutros Seminarios en toda España.

O emprazamento, as necesidades e algunhas modificacións do edificio, foron estudadas por unha comisión designada para o efecto.

Xa en 1952 de novo recabouse a opinión dos Sres. Arciprestes, máxime cando o gran número de alumnos ó que estaba destinado o novo Seminario facía que as obras se orzamentasen nunha cantidade que rebasaba os 20 millóns de pesetas .

Iniciouse a empresa, nada doada, de busca-los recursos económicos necesarios. Pouco podíase agardar do herario diocesán, inmerso en multitude de obras de reparación e construcción coma a Casa Diocesana de Exercicios Espirituais, obras de mellora nas aulas e a biblioteca de San Martín, etc.

Recurríuse á axuda do Estado, que aínda que non na contía necesaria, axudou para o inicio das obras. Asi mesmo empregouse o recadado na Arqudiócese con motivo da exaltación de Don Fernando ó cardealato, ademáis das doazóns de sacerdotes e fieis.

Pónse así en marcha o que en palabras do propio Cardeal é a obra máis importante da Diócese, imposible de realizar sen as xenerosas cooperacións de sacerdotes, relixiosos e relixiosas, irmandades, confradías, homes de empresa e de tódolos habitantes da Diócese.

A primeira pedra

estructuravieja copiacoloc-pedra_grupo

O 7 de xaneiro de 1953, replantease o edificio e comeza o movemento de terras.

O 26 de febreiro connvidados polo Sr. Cardeal, visitan as obras os representantes da prensa e da radio da Arquidiócese.

coloc_piedra2O primeiro de marzo, festa do glorioso prelado compostelano San Rosendo, rodeados do Clero da cidade, das autoridades e de multitude de fieis, o cardeal coloca a primera pedra do edificio.

Despois de tantear a diversas empresas constructoras, outorgouse a obra á empresa Cachafeiro, que acababa de construír o Seminario de Ourense.

Púxose ó frente da obra un aparellador de primeira don Antonio Fernández Durán , e a Arquidiócese nomeou como Delegado responsable a don Arturo Longa Bermúdez.

Detrás andaba Don Fernando, que, se estaba en Santiago, tódalas tardes visitaba as obras, e estimulaba ó aparellador e ós obreiros.

O 12 de marzo o cardeal obsequia ós obreiros cunha merenda. Máis tarde, e dende que a cociña comezou a funcionar, por disposición do Sr. Cardeal sérveselles ós obreiros, á hora da comida, unha taza de café con leite e pan.

obreros2 copiaO 8 de agosto formigonouse a primeira placa do novo edificio, que corresponde ó piso da primeira planta.

Ó caso é que o 30 de setembro de 1955 rematada a primeira fase das obras, ingresarán no edificio a primeira promoción de alumnos en número de 224, que corresponden ós primeiros cursos de Humanidades, co correspondente equipo de formadores. Previamente o Cardeal bendice o salón de actos, que provisionalmente servirá de capela durante o curso.

Cerviño copiaMons. José Cerviño foi nomeado primeiro Reitor do Seminario, cargo que ocupou de 1954 a 1968.

recorteprensa copiaEn 1955 o Cardeal nunha alocución por radio, felicitábase: “Máis de 800 xóvenes que cursan os estudos da carreira sacerdotal fórmanse no noso seminario…”

monaguilloscrucero copiaDende o ano 56 os alumnos superarán o milleiro e no curso 1956-57 son xa 1124 os alumnos que asisten ó centro.

O 2 de outubro de 1957, bendecíu o conxunto o Nuncio da Súa Santidade, Monseñor Antoniutti, acompañado do Sr. Cardeal, de Mons. Nóvoa e das autoridades provinciais e locais.

A construcción completa do Seminario levouse a cabo en catro anos e medio, e foi solemnemente inaugurado o 10 de septiembre de 1958, día de san Pedro de Mezonzo prelado e bispo desta Diócese.

Descrición do Seminario.

fotoairevieja copiaA superficie total edificada é de 5.817 m2.

  • En xardíns, patios interiores, paseos e campos de deportes hai 35.408 m2.
  • Adicados ó cultivo 10.128 m2. en total: 51.355 m2.
  • O edificio consta de catro plantas e media (ésta inferior aproveitando o desnivel).
  • Os metros de construcción son os seguintes:
  • Planta inferior:3.310 m2 para recreos cubertos, calefacción, lavadeiros, etc.
  • Planta baixa: 5.512 m2 para capela, salón de actos, aulas, comedores, etc.
  • Planta primeira e segundas: 4.298 m2 cada unha, para dormitorios.
  • Planta terceira: 3.296 m2 para dormitorios.
  • En total: 20.714 m2
  • Nas plantas primeira e segunda había 285 habitaciones individuais, 195 camas en dormitorios corridos con separación, e 36 en dormitorios sen separación, Total 516.
  • Á parte había unha sección para superiores con 18 habitacións, outra sección para as relixiosas con 12 habitacións e dous amplos dormitorios para o servicio con 5 camas cada un.
  • E o máis importantes que por aquel entonces, xa parecía insuficiente.
  • O Seminario dedicouse á Nosa Señora da Asunción porque, mentres se construía, tivo lugar a súa definición dogmática.
  • A estatua que preside a torre foi tallada en pedra polo escultor Francisco Asorey.
  • “A Igrexa ocupa o centro do edificio, para que os seminaristas saian de aquí coa idea de que deben lograr que a súa igrexa futura sexa o centro da súa parroquia”.
febreiro de 2003
 ©2003 Seminario Menor de Belvís