Visita da promoción de 1973.

Ao longo de todo o ano son moitas as promocións que se reúnen para verse as caras e recordar vellas experiencias. Unha delas, a de 1973, estivo este sábado no Seminario Menor. Despois de limpar un pouco a árbore que plantaron coma tesmuña do seu paso por esta casa, tiveron a ocasión de visitar a Exposición fotográfica do LX aniversario e os Museos de Ciencias Naturais e do Cardeal Quiroga Palacios. Antes de xantar aínda houbo tempo para apreciar as placas do Claustro de Reitores e de buscarse na orla do curso.
Alegrámonos de velos polo Seminario e invitámolos ao próximo encontro de Antigos Alumnos do ano que ven.

(Ver o resto das imaxes en Tribuna).

Ao longo de todo o ano son moitas as promocións que se reúnen para verse as caras e recordar vellas experiencias. Unha delas, a de 1973, estivo este sábado no Seminario Menor. De

Xuntanza da Asociación de alumnos, ex-alumnos e amigos do Seminario Menor

ENCONTRO DA ASOCIACIÓN DE EXALUMNOS E AMIGOS

DO SEMINARIO MENOR.

Este venres, festa de San Rosendo, conmemorabamos o LX aniversario da colocación da primeira pedra do Seminario Menor. Todo o que é grande ha ter uns comezos humildes, todo o importante empezou tamén nos pequenos xestos. É por iso que, cheos de alegría, podemos afirmar que este sábado puxemos a primeira pedra de SEMDA, a Asociación de exalumnos e amigos do Seminario.
Certo é que desde fai moitos anos véñense celebrando varios encontros das distintas promocións que pasaron por estas aulas, pero faltaba a oportunidade de atoparnos as distintas xeracións que conforman a historia viva de Belvís. Por iso, este sábado reunímonos un pequeno grupo (70 persoas) que abarcaba desde a primeira promoción (1955) ata alumnos actuais. Xuntos poidemos repasar os cambios acaecidos, as innumerables anécdotas, a importancia da formación humana, cristiá e académica… Na Eucaristía demos grazas por todo o recibido e pedimos por aqueles que xa non están entre nós. A pulpada puxo o broche de ouro a unha xornada que promete repetirse; todos os anos volveremos reunirnos no sábado inmediatamente posterior ao 1 de marzo, festa de San Rosendo. Esperamos seguir crecendo e que, como en tempos pasados, a capela volva resultar insuficiente para acollernos.155994_520587681324796_525813044_n480673_520587161324848_1126246337_n