Encontro en Belvís dos antigos alumnos da promoción 1962-1969.

Hoxe venres, o noso centro tivo a honra de recibir a visita dos antigos alumnos da promoción 1962-69, nun emotivo reencontro que combinou recordos, emocións e homenaxes a quen deixaron pegada na historia desta institución.

A xornada comezou cunha celebración eucarística na capela xeral do colexio, onde se viviu un ambiente de recollida e gratitude. A misa, foi tamén unha ocasión para lembrar a aqueles que xa non están entre nós e agradecer os anos compartidos nesta casa que tantos consideran o seu segundo fogar.

Tras a misa, os asistentes desprazáronse ata o xardín do centro para realizar unha ofrenda floral ante a estatua do cardeal, figura emblemática que marcou a historia do noso colexio.

A continuación, celebrouse un acto de homenaxe a varios membros da promoción, recoñecendo traxectorias persoais e profesionais exemplares en especial a D. Xoán Xosé García Barreiro compañeiro de promoción e sacerdote, falecido este ano 2025, así como o espírito de compañeirismo e compromiso que definíu a aqueles anos. Entre aplausos, anécdotas e sorrisos cómplices, os antigos alumnos puideron reencontrarse tamén cos espazos do colexio, compartindo lembranzas e descubertas cos membros actuais da comunidade educativa.

Foi, sen dúbida, unha xornada chea de emoción, onde pasado e presente se deron a man. Desde o centro, queremos agradecer fondamente esta visita, que reafirma os lazos que unen xeracións e que fan do noso colexio algo máis ca un lugar de aprendizaxe: unha verdadeira familia.