Este encontro está aberto a todos os ex alumnos, persoal docente, non docente e amigos do noso Seminario Menor da Asunción, e que dalgunha maneira son memoria deste centro.
Cada ano neste encontro de todos, farase unha especial homenaxe ás promocións que cumpran 50 e 25 anos.
Este ano 2026 celébranse as vodas de ouro da promoción de 1976 e as vodas de prata da promoción de 2001 que serán homenaxeadas.
A XIII Semana Cultural San Rosendo terá lugar a semana do 23 ao 28 de febreiro de 2026
Apúntate aquí para o encontro do 28 de febreiro.
Envíanos un email coa túa confirmación de asistencia á reunión da Asociación do 28 de febreiro a semda@smasuncion.es de cara a facer unha estimación dos que desexen quedarse á «comida de confraternidade»
Tamén podes chamar ao Tf. 981 58 92 00
DATA LÍMITE PARA APUNTARSE: LÚNS 16 DE FEBREIRO.
NOTA: Cada comensal deberá pagar a súa comida.
MOI IMPORTANTE: Prégase confirmar asistencia antes.