Invitación á Xuntanza de San Rosendo 2026.

Como todos os anos, e dentro dos actos programados da XIII Semana Cultural, celébrase o encontro da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos do Seminario Menor (SEMDA). Este acto está aberto a todos os antigos alumnos, ao persoal docente e non docente, así como a todas aquelas persoas amigas do noso Seminario Menor da Asunción que, dalgún xeito, forman parte da súa historia e son memoria viva deste centro.

Unha ocasión especial para o reencontro, a convivencia e o recordo compartido será a xuntanza do sábado 28 de febreiro.

Xuntanza da promoción 71-79.

O sábado 29 de novembro, tal e como vimos facendo cada derradeiro sábado de novembro dos últimos 27 anos, tivemos a nosa xuntanza anual (ex-alumnos da promoción 71-79). O noso primeiro acto da xornada foi unha ofrenda floral, unhas oracións e un responso na capela do Seminario, para os compañeiros que, por desgraza, xa non están connosco. Que Deus os teña na súa gloria.