O martes día 11 de xuño, ás oito da tarde presentouse na Librería Couceiro de Santiago, Praza de Cervantes, o libro COMPOSTELA UNICA. A Obra do Ateneo de Santiago de Compostela contén fotografías dos nosos anos do Seminario de Belvís, mesmo impresas coma nun DVD co acompaña.
Unha aperta.
e-mail enviado por: Diego Mayo Mayo
Archivo del Autor: Semda
Reunión da promoción 65-72 na Pobra.
Un ano máis, e fieis á cita de cada segundo sábado de xuño, reuníronse os exalumnos de Belvís da promoción 65-72 na nobre vila da Pobra. Quedaran na alameda, xunta ao monumento ao emigrante, e alí estaban todos os que puideran –tristemente non todos os que quixeran. Tralos saúdos e o primeiro repaso ao ocorrido desde a último encontro, pasaron a dar cumprimento a un “programa aberto”: percorrido pola vila, subida ao campanario da igrexa do Xobre e visita –grazas á amabilidade do seu dono- á que fora finca do Seminario, que deu ocasión a recuperar imaxes en branco e negro daquelas vellas tendas, da ximnasia e ducha fría matutinas, das misas de campaña no “bosque”, dos fogos de campamento, das marchas á Curota a procura do tesouro,… Despois de tanta marcha e de tanta lembranza, tocaba repoñer forzas e todas estas persoas “de bo vivir e pensar” puideron cumprilo en Torres Xunqueiras ata ben entrada a tarde. Como a visibilidade non era a desexable, desestimouse a prevista subida á Curota e os que non tiñan présa puxeron término á xornada repasando a xeografía da ría de Arousa desde a praia de Cabío.
Promoción 1992-1993
Rafael Suárez Lema alumno da Promoción de COU de 1992/1993, xunto con algúns dos seus compañerios, está organizando unha xuntanza. Para contactar podes enviar un correo a info@rslabogados.com.
Reunión da promoción 2003-2004
Visita da promoción de 1973.
Ao longo de todo o ano son moitas as promocións que se reúnen para verse as caras e recordar vellas experiencias. Unha delas, a de 1973, estivo este sábado no Seminario Menor. Despois de limpar un pouco a árbore que plantaron coma tesmuña do seu paso por esta casa, tiveron a ocasión de visitar a Exposición fotográfica do LX aniversario e os Museos de Ciencias Naturais e do Cardeal Quiroga Palacios. Antes de xantar aínda houbo tempo para apreciar as placas do Claustro de Reitores e de buscarse na orla do curso.
Alegrámonos de velos polo Seminario e invitámolos ao próximo encontro de Antigos Alumnos do ano que ven.
(Ver o resto das imaxes en Tribuna).
Xuntanza da Asociación de alumnos, ex-alumnos e amigos do Seminario Menor
ENCONTRO DA ASOCIACIÓN DE EXALUMNOS E AMIGOS
DO SEMINARIO MENOR.
Este venres, festa de San Rosendo, conmemorabamos o LX aniversario da colocación da primeira pedra do Seminario Menor. Todo o que é grande ha ter uns comezos humildes, todo o importante empezou tamén nos pequenos xestos. É por iso que, cheos de alegría, podemos afirmar que este sábado puxemos a primeira pedra de SEMDA, a Asociación de exalumnos e amigos do Seminario.
Certo é que desde fai moitos anos véñense celebrando varios encontros das distintas promocións que pasaron por estas aulas, pero faltaba a oportunidade de atoparnos as distintas xeracións que conforman a historia viva de Belvís. Por iso, este sábado reunímonos un pequeno grupo (70 persoas) que abarcaba desde a primeira promoción (1955) ata alumnos actuais. Xuntos poidemos repasar os cambios acaecidos, as innumerables anécdotas, a importancia da formación humana, cristiá e académica… Na Eucaristía demos grazas por todo o recibido e pedimos por aqueles que xa non están entre nós. A pulpada puxo o broche de ouro a unha xornada que promete repetirse; todos os anos volveremos reunirnos no sábado inmediatamente posterior ao 1 de marzo, festa de San Rosendo. Esperamos seguir crecendo e que, como en tempos pasados, a capela volva resultar insuficiente para acollernos.
Conferencia.
Xa comezamos oficialmente a I Semana Cultural de San Rosendo. Trala introdución por parte do Sr. Reitor e a lectura da carta enviada polo Sr. Arzobispo, puidemos escoitar a lección inaugural (O Seminario hoxe) de D. Leonardo, bispo de Ourense e ata hai pouco máis dun ano, Director Técnico de Belvís.
Trala apertura da exposición fotográfica e dos museos de Ciencias Naturais e do Cardeal Quiroga, puxo o broche o concerto do Conservatorio Histórico.
Reunión da Asociación.
REUNIÓN DA SEMDA PARA O VINDEIRO SÁBADO 2 DE MARZO, DENTRO DOS ACTOS DA SEMANA CULTURAL DE SAN ROSENDO
ACTOS DO DÍA
9:00H . RECEPCIÓN AOS ASISTENTES Á XUNTANZA DA ASOCIACIÓN DE ALUMNOS, EX-ALUMNOS E AMIGOS DO SEMINARIO MENOR (SEMDA).
9:30 INICIO DA XUNTANZA.
10:00H. PROXECCIÓN DO VIDEO “SEMDA”. MESA REDONDA.
12:30 MISA.
14:00H. PULPADA DE CONFRATERNIDADE DOS ASISTENTES*.
16:30 PARTIDO DE FUTBOL SALA.
*Moi importante: Confirma a túa asistencia canto antes, para facer unha estimación
dos asistentes á comida (cada un abonará a súa).
Contacta con nós en semda@semda.es ou en www.smasuncion.es