Fai un seguimento da Semana Cultural. Podes mandar as túas crónicas, impresións, opinións, fotografías das actividades da Semana Cultural.
Envía os teus textos e imaxes ao correo semda@smasuncion.es
Dentro de los actos de la II Semana Cultural de San Rosendo, y como clausura de la misma, tuvo lugar en el Seminario Menor el encuentro de antiguos alumnos y amigos del Seminario. De la mano de SEMDA (la asociación que los agrupa), tuvimos la oportunidad de volver a reencontrarnos caras que a todos nos resultaban conocidas. Hubo tiempo para charlar con calma, visitar las distintas exposiciones y museos preparados para este fin y proyectar algún vídeo con imágenes de tiempos pasados.
En la celebración de la Santa Misa, presidida por D. José Antonio Ortigueira, antiguo formador y actual párroco de San Paio de A Estrada, tuvimos un emotivo recuerdo de todos aquellos que tras pasar por nuestras aulas y nuestros claustros están ya en la casa del Padre.
La comida y la sobremesa fue una nueva oportunidad para seguir rememorando las anécdotas que han quedado impresas en nuestro corazón y citarnos para el próximo año.
Con gran asistencia de público de varios centros académicos da nosa cidade que encheron o noso salón de actos, foi representada esta mañán polo Grupo de Teatro do Seminario Menor a obra de J. Poncela «Los ladrones somos gente honrada». O grupo de Teatro formado por representantes de toda a nosa comunidade educativa (alumnos, profesores e persoal non docente), foi acollida con gran entusiasmo por un cálido e xeneroso público. Gracias pola vosa asistencia.
Pola mañán e para os alumnos do Centro, tivo lugar unha charla coloquio co título «Do corazón da materia ao interior das estrelas», organizada polo Centro Nacional de Física de Partículas. En relación con estas actividades científicas, o Departamento de Ciencias do Seminario, coordinará ao longo de toda a semana unha serie de talleres de Ciencia e Lóxica.
Lembrar que todas estas actividades están abertas ao público en xeral.
Coa conferencia «Historia do Seminario Conciliar de Santiago. Acontecementos e alumnos ilustres» pronunciada polo profesor D. Carlos García Cortés, arrancou hoxe no noso Seminario, a Semana Cultural. No salón de actos do Colexio xuntáronse ademáis dos actuais, antigos alumnos e profesores desta institución, que logo poideron percorrer as novas exposicións sobre «O deporte e o Seminario» e «Das orixes» (Mobiliiario e utensilios dos primeiros anos).
Neste enlace podedes ver as fotos do acto, así coma tamén de algunhas das exposicións…
O martes día 11 de xuño, ás oito da tarde presentouse na Librería Couceiro de Santiago, Praza de Cervantes, o libro COMPOSTELA UNICA. A Obra do Ateneo de Santiago de Compostela contén fotografías dos nosos anos do Seminario de Belvís, mesmo impresas coma nun DVD co acompaña.
Unha aperta.
e-mail enviado por: Diego Mayo Mayo
Un ano máis, e fieis á cita de cada segundo sábado de xuño, reuníronse os exalumnos de Belvís da promoción 65-72 na nobre vila da Pobra. Quedaran na alameda, xunta ao monumento ao emigrante, e alí estaban todos os que puideran –tristemente non todos os que quixeran. Tralos saúdos e o primeiro repaso ao ocorrido desde a último encontro, pasaron a dar cumprimento a un “programa aberto”: percorrido pola vila, subida ao campanario da igrexa do Xobre e visita –grazas á amabilidade do seu dono- á que fora finca do Seminario, que deu ocasión a recuperar imaxes en branco e negro daquelas vellas tendas, da ximnasia e ducha fría matutinas, das misas de campaña no “bosque”, dos fogos de campamento, das marchas á Curota a procura do tesouro,… Despois de tanta marcha e de tanta lembranza, tocaba repoñer forzas e todas estas persoas “de bo vivir e pensar” puideron cumprilo en Torres Xunqueiras ata ben entrada a tarde. Como a visibilidade non era a desexable, desestimouse a prevista subida á Curota e os que non tiñan présa puxeron término á xornada repasando a xeografía da ría de Arousa desde a praia de Cabío.
Rafael Suárez Lema alumno da Promoción de COU de 1992/1993, xunto con algúns dos seus compañerios, está organizando unha xuntanza. Para contactar podes enviar un correo a info@rslabogados.com.
Ao longo de todo o ano son moitas as promocións que se reúnen para verse as caras e recordar vellas experiencias. Unha delas, a de 1973, estivo este sábado no Seminario Menor. Despois de limpar un pouco a árbore que plantaron coma tesmuña do seu paso por esta casa, tiveron a ocasión de visitar a Exposición fotográfica do LX aniversario e os Museos de Ciencias Naturais e do Cardeal Quiroga Palacios. Antes de xantar aínda houbo tempo para apreciar as placas do Claustro de Reitores e de buscarse na orla do curso.
Alegrámonos de velos polo Seminario e invitámolos ao próximo encontro de Antigos Alumnos do ano que ven.
(Ver o resto das imaxes en Tribuna).
ENCONTRO DA ASOCIACIÓN DE EXALUMNOS E AMIGOS
DO SEMINARIO MENOR.
Este venres, festa de San Rosendo, conmemorabamos o LX aniversario da colocación da primeira pedra do Seminario Menor. Todo o que é grande ha ter uns comezos humildes, todo o importante empezou tamén nos pequenos xestos. É por iso que, cheos de alegría, podemos afirmar que este sábado puxemos a primeira pedra de SEMDA, a Asociación de exalumnos e amigos do Seminario.
Certo é que desde fai moitos anos véñense celebrando varios encontros das distintas promocións que pasaron por estas aulas, pero faltaba a oportunidade de atoparnos as distintas xeracións que conforman a historia viva de Belvís. Por iso, este sábado reunímonos un pequeno grupo (70 persoas) que abarcaba desde a primeira promoción (1955) ata alumnos actuais. Xuntos poidemos repasar os cambios acaecidos, as innumerables anécdotas, a importancia da formación humana, cristiá e académica… Na Eucaristía demos grazas por todo o recibido e pedimos por aqueles que xa non están entre nós. A pulpada puxo o broche de ouro a unha xornada que promete repetirse; todos os anos volveremos reunirnos no sábado inmediatamente posterior ao 1 de marzo, festa de San Rosendo. Esperamos seguir crecendo e que, como en tempos pasados, a capela volva resultar insuficiente para acollernos.
