
Como todos os anos e dentro dos actos da Semana Cultural de San Rosendo celébrase o encontro da Asociación de antigos alumnos e amigos do Seminario Menor (SEMDA). Este acto está aberto a todos os ex alumnos, persoal docente, non docente e amigos do noso Seminario Menor da Asunción, e que dalgunha maneira son memoria deste centro.
Do programa e horario definitivos que se están a pechar, seredes informados o máis axiña posible.
- Xuntanza
- Santa Misa.
- Xantar de confraternidade dos asistentes.
Cada ano neste encontro de todos, faise unha especial homenaxe ás promocións que cumpran 50 e 25 anos.
Este ano 2026 celébranse as vodas de ouro da promoción de 1976 e as vodas de prata da promoción de 2001 que serán homenaxeadas.
A XIII Semana Cultural San Rosendo terá lugar a semana o 23 ao 28 de febreiro de 2026
Apúntate aquí para o encontro do 28 de Febreiro.
Envíanos un email coa túa confirmación de asistencia á reunión da Asociación do 28 de febreiro a semda@smasuncion.es de cara a facer unha estimación dos que desexen quedarse á «comida de confraternidade»