Coa conferencia «Historia do Seminario Conciliar de Santiago. Acontecementos e alumnos ilustres» pronunciada polo profesor D. Carlos García Cortés, arrancou hoxe no noso Seminario, a Semana Cultural. No salón de actos do Colexio xuntáronse ademáis dos actuais, antigos alumnos e profesores desta institución, que logo poideron percorrer as novas exposicións sobre «O deporte e o Seminario» e «Das orixes» (Mobiliiario e utensilios dos primeiros anos).
Neste enlace podedes ver as fotos do acto, así coma tamén de algunhas das exposicións…