Encontro antigos alumnos.

Dentro das actividades da Semana Cultural, tódolos anos ofertamos a posibilidade de atoparnos alumnos de tódalas promocións do Seminario. Trátase dunha xornada de confraternidade na que coincidiremos alumnos, mestres, persoal e amigos que foron e son do Seminario Menor dende a súa creación ata os nosos días.
Conscientes de que varias promocións reúnense de forma privada durante o curso, quere ser este un encontro interxeracional no que tamén haxa un lugar destacado para os que agora fan 25 ou 50 anos dende a súa marcha.
O encontro terá lugar o sábado 7 de marzo (ao día seguinte da festividade de San Rosendo) a partires das 11.30 horas. Teremos tempo para un sinxelo acto de homenaxe e recordo no Salón de actos ás 12:30. A continuación celebraremos a Santa Misa dando grazas a Deus e pedindo polos que xa non están, para concluires co xantar de confraternidade no propio Seminario Menor.
Aínda que a cita xa está institucionalizada dende fai varios anos e levamos meses facendo contactos con diversa xente, urxe, por cuestións organizativas, concretar o número de comensales para ese día. Disfrutaremos dunha comida típica destas datas na que non faltará de nada: un cocido de Entroido.
O precio por persoa será de 25 euros e para anotarse poderemos utilizar dous medios:
Chamando directamente á portería do Seminario, entre as 9:00 e as 16:00 h. O número de teléfono é o 981 58 92 00.
Escribindo un correo electrónico a semda@smasuncion.es
Recordemos que e importante apuntarse con antelación.
Agardámoste!

VIII Semana Cultural San Rosendo 2020.

O REITOR DO SEMINARIO MENOR DA ASUNCIÓN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

INVITA

con motivo da VIII Semana Cultural de San Rosendo, ás actividades
culturais, deportivas, conferencias, exposicións, á xuntanza da SEMDA 
(asociación de alumnos, ex-alumnos e amigos do Seminario Menor), e a todos
os actos que se celebrarán dentro da Semana Cultural de San Rosendo.

Data: do 2 ao 7 de marzo de 2020.

Lugar: Seminario Menor da Asunción

Avda de Quiroga palacios, 2A
15703 – Santiago de Compostela

NOTA: O sábado 7 de marzo ás 12,30 celebraráse un encontro de alumnos e ex-alumnos, e logo da Misa haberá unha comida de confraternidade como todos os anos que terá lugar no propio Seminario Menor da Asunción.

Neste encontro se fará un recoñecemento ás promocións das Vodas de Ouro e Prata.

PRÉGASE CONFIRMAR ASISTENCIA CON ANTELACIÓN. (cada quen aboará a súa comida).

Para confirmar asistencia pódese facer nos seguintes medios:

nos correos: semda@smasuncion.es; cpr.seminario.asuncion@edu.xunta.es

a través da páxina da asociación www.semda.es

na web do colexio, www.smasuncion.es

no teléfono: 981 589 200 ( de 9 a 16 horas).

no Fax: 981 577 495