
Este encontro está aberto a todos os ex alumnos, persoal docente, non docente e amigos do noso Seminario Menor da Asunción, e que dalgunha maneira son memoria deste centro.
Cada ano neste encontro de todos, farase unha especial homenaxe ás promocións que cumpran 50 e 25 anos.
PROGRAMA:
11:00 Acollida aos asistentes no hall da entrada principal.
11:30 Visita polas instalacións do centro.
12:00 Presentación de SEMDA no salón de actos e homenaxe das promocións do 1975 e 2000.
13:00 Santa Misa.
14:00 Xantar de confraternidade.
NOTA: Cada comensal deberá pagar a súa comida.